19 maio 2005

O profe de francés

Acabo de foder no meu profe de francés. E non o fixen pola nota. Fixeno porque me apetecía. Apetecíame dende o primeiro día, como soe ocorrer nestes casos. Pero non puido ser até hoxe, despois da clase.

O tipo non esta mal. Corresponde ao modelo de home que a min me pon, tout simplement. Alto, moreno, cun deses cus que a min me sobe o cuspe ao ceo da boca e con gafas. Isto para min sempre foi fundamental. Ese modelo home grande («un corpo dun home», que diría miña nai) con ese toque desvalido que dan as gafas («se me sacas as gafas non miro nada») a min ponme sobremaneira.

E despois está o gusto literario, porque o tipo, no fondo, é un romántico, un idealista. Like me. Dende o primeiro día do curso tróuxonos poemas de Baudelaire, de Rimbaud, lemos a Balzac, a Molière, a Perec. E mira que o contido do curso non tiña por que ser ese. O curso é de narration, argumentation. Pero el non o podería facer doutra maneira.

Todo comezou o día que lle entreguei unha redacción sobre as viaxes. Botei fóra todo o veleno que me concentra esta cidade e @s seus hipócritas habitantes. Snobs sen consideración, exotistas crueis, burros e estúpidos insensíbeis. Gustoulle. Díxome que a redacción estaba ben «argumentada». E o silabeo desta última palabra baixo o seu sorriso burlón empapoume a braga.

Argumentar voute argumentar eu a ti en canto te poñas ao xeito, deixa andar!

Despois veu o exercicio de continuar unha historia de parella. Díxome que desfrutara moito lendo a miña historia e que se nunca pensara en escribir. Eu díxenlle que xa escribía. Fitoume, sorriu a miña saída (básica) e repetiu que debera pensar en facer literatura, que escribía moi ben e que para el fora todo un pracer lerme.

Pracer vouche dar eu a ti en canto te me poñas a tiro (que diría a outra).

E hoxe foi a definitiva. Mandara dúas redaccións: unha argumentación sobre o sentido/función do matrimonio na sociedade moderna e unha continuación dunha historia de parella, encore. E deille xusto o que quería: argumentos para a imprescindíbel apertura sentimental na parella moderna e unha historia de sexo, non me fodas, men.

E funcionou. Chegou cos meus deberes presque impolutos. O único vermello era o TB [1]do final. Sorriu nada mais dar con eles na distribución xeral de correccións. Achegouse ao meu pupitre, deumos e deixou caer un «un grand plaisir de la lire, madame»[2].

Non fixo falta máis. Ao rematar a clase atopámonos no metro. Convidoume a un café. Do café acompañoume a casa. Bicoume no portal e sentinlle tal paquete que a curiosidade se botou a min e convideino a entrar. Despois xa todo foi rodado: bicarse, espirse, recitarse anacos de textos doutros autores que nos excitaban ao actualizárense en nós, pillar un condón sempre ao pé da cama, e gozarse entre sabas de seda granates.

Non ficou a durmir. Estivemos rindo e falando, vestiuse e marchou. E eu adormecín contra o seu cheiro a roupa limpa.

Ah, qu’est-ce que c’est joli, l’amour à Paris[3].


[1] Très bien.

[2] Un pracer lela, miña dona.

[3] Que bonito é foder en París.